Presentación de UN CHAPEU NEGRO E UN NARIZ DE PALLASO. TRAS OS PASOS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO en Arteixo

Categoría: Nova

Participarán o autor do documental, Gonzalo Enríquez Veloso e o coprodutor do mesmo, Fran Naveira.
En 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso' escrito por Montse Pena Presas e acompañado do documental asinado por Gonzalo Enríquez Veloso, asistimos a unha presentación completa da vida e obra do autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas dun xeito orixinal e diferente pois, pegada á explicación literaria que fai a investigadora Montse Pena Presas, ofrecemos este DVD no que amigos, compañeiros de profesión e, en definitiva, quen mellor coñeceu a Vidal Bolaño, deitan a súa lembranza sobre un dos nosos dramaturgos máis importantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email