Xa podes ver o adianto do documental 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso'

Categoría: Nova

Dende hoxe, Día do Libro, ofrecemos dende a ligazón á dereita destas liñas, un adianto de oito minutos do documental asinado por Gonzalo Enríquez Veloso, que acompaña o libro escrito por Montse Pena Presas, 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso'.
No documental, ademais de ver partes importantes dun monólogo de Roberto Vidal Bolaño, escoitamos tamén as persoas que o acompañaron ao longo da súa vida profesional. Mais tamén na súa vida sentimental, como Roi, o seu fillo, ou a súa parella, os actores. Expertos na súa obra opinan e dialogan tamén arredor da súa obra.
Velaquí deixamos este adianto que nos dará unha visión moi axeitada do que é este DVD esencial para entender a vida e obra do persoeiro homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email