Pena Presas, Montse

Foto Montse Pena
Pena Presas, Montse

(Sada, 1981). É licenciada en Filoloxía Galega e DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC; e máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Na actualidade, traballa como profesora no Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias Sociais da USC, feito que compaxina coa crítica literaria en diversas revistas e xornais e coa investigación en literatura infantil e xuvenil, o seu ámbito de especialización. Publicou diversos estudos sobre esta materia e é coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia ou a guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II.

As súas obras

Un chapeu negro e un nariz de pallaso
Un chapeu negro
17.30€ CON IVE
A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida
a-voz-insurrecta
11.90€ CON IVE
Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias
9788491516200
9.30€ CON IVE