Presentación de 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño' en Santiago

Categoría: Nova

Este mércores, ás 20 horas, presentaremos, dentro dos actos da Feira do Libro de Santiago, o libro de Montse Pena Presas, que inclúe un DVD de Gonzalo Enríquez Veloso, 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño'. No acto participara o editor Francisco Castro canda os autores do libro e o documental.
Como hai uns días sinalaba o referencial blogue 'Trafegando Ronseis', estamos diante dun "magnífico traballo para achegar a figura de Roberto Vidal Bolaño ás aulas, ao alumnado e a nós mesmos, dun xeito lúdico e sen complicacións.Un libro-DVD no que a parte audiovisual amosa a personalidade do autor mediante entrevistas e un texto que analiza a súa obra e as súas ideas teatrais. Grazas a esta aportación, tentaremos ler e procurar os textos que para nós deixou este xenial autor".

Comparte nas túas redes sociais ou por email