Encontros profesionais sobre a edición en Buenos Aires

Categoría: Nova

"A editora dos galegos no mundo". Así queremos subtitular MAR MAIOR, unha nova liña editorial que iniciará os seus pasos a partir do ano 2014 e que se presentará inicialmente en Buenos Aires, "porque durante case tres décadas a cidade de Buenos Aires foi a capital cultural dos galegos no mundo", segundo palabras de Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia.
Invitada pola Fundación El Libro e pola dirección da Feira arxentina, Galaxia participou nas Xornadas Profesionais de Editores, Impresores, Distribuidores e Libreiros que se celebran nos días inmediatramente anteriores á inauguración da Feira.
Nestas xornadas, de carácter profesional e dirixidas a especialistas, Galaxia presentou o seu novo proxecto, "que non se concibe como una exportación, senón como unha incorporación ou participación activa das colectividades galegas nun discurso común, arredor dunha editorial histórica".
"Comenzaremos por Buenos Aires porque se trata dunha referencia histórica da cultura galega. Pero hai galegos en Uruguay, en Brasil, en Vebnezuela, en México, en Chile, en Cuba, por falar unicamente nbas nacións latinoamericanas, e con eles queremos compartir esta aventura, que pretende situar a cultura e o libro galego no mundo", en palabras do director.
Na mesa redonda, moderada polo agregado de negocios da embaixada de España, participaron outros editores españois con presencia ou relacións comerciais con Arxentina, entrre eles Manuel Ortuño, presidente de ARCE (Asociación de Revistas de Cultura de España), organización da que forma parte a revcista GRIAL.

Comparte nas túas redes sociais ou por email