Estás aquí:

Código: 496

Materiais do libro

THE MAKING OF

The making of

24,50  IVE INCLUIDO
Un innominado escritor de profesión allea á literaria recibe dun compañeiro de traballo a petición de que investigue sobre a morte do seu avó na Patagonia.
O azar, que marca os fitos da narración, fai que o escritor sexa amigo do Cholo, un xornalista galego con boas relacións naquelas latitudes. Dese xeito, o escritor vai descubrindo a historia de Alfredo Mosquera, o Coghomelo, un emigrante e delincuente no Buenos aires da década de 1930, xogador e servidor de "casa de tolerancia", colaborador cos círculos de apoio ao Terceiro Reich na cidade de Comodoro Rivadavia durante a Segunda Guerra Mundial. Xavier Alcalá consegue trazar maxistralmente nesta novela o retrato dun sobrevivente, dun xogador de fortuna, un pícaro, sen perder un ápice de autenticidade e viveza, enguedellando o lector na que é a aventura oculta da emigración galega na Arxentina. Sarcástica, corrosiva, ás veces brutal, The Makinf of dá conta -nunha esmorga consagrada ao pracer de narrar- de como os fíos da literatura de cerna se tecen coas febras do Mal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 496
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 372
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-178-6
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Alcalá, Xavier
Xavier Alcalá

(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.

As súas obras

Oferta Arxentina
pack arxentina
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE