O venres 6 de maio, celebrarase, ás 18:15 h, dentro do programa do Salón Profesional del Libro de Cella (III Endei Norte), unha conversa que leva por título Editar en otras lenguas, na que participará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, en compaña de representantes das editoriais Alberdania (País Vasco), Gara d’edizions (Aragón), La Pajarita Roja (Valencia).

O acto será moderado pola Dirección General de Política Lingüística do Goberno de Aragón.

O programa celebrarase do 5 ao 7 de maio no III ENDEI norte, dentro do marco do salón profesional do libro da localidade de Cella, Teruel.

Trátase dun encontro de editores independentes, libreiros, autores, distribuidores e outros profesionais do sector. Haberá diversas actividades como mesas redondas, actividades para colexios e instituros, ou presentacións.

Está organizado polo Instituto de Estudios Turolenses, co apoio do Ministerio de Cultura, Gobierno de Aragón e Concello local.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR