A Editorial Galaxia publica Maasai, de Alberto Avendaño, con ilustracións de Xosé Freixanes.
Esta novela, publicada na colección Literaria, trata temas universais como o amor, a guerra ou a maxia dun pobo. A lírica de Avendaño, mestúrase co universo creativo de Freixanes dando lugar a un libro totalmente singular.
Maasai fai referencia á afouteza dun pobo nómade e guerreiro. Estas páxinas transportarán ás lectoras e lectores a vivir unha experiencia única.
Alberto Avendaño baseouse en feitos da historia Maasai e na vida do Laibon Mbatian, o seu líder espiritual, para crear unha rede de historias que observan e cuestionan ao ser humano. A través da retranca máis galega, lévanos ás raíces africanas, a través dunha viaxe que, tamén, supón unha introspección interior.
Algo do que aquí se conta, escoitouno o autor en Mombasa a mediados dos anos oitenta do século XX.