Tempo e vinganzaAnxo A. Rei BallesterosUnha análise orixinal e audaz sobre a concepción do tempo na modernidade a través do Hamlet de Shakespeare. Rei Ballesteros achégase a Hamlet, e faino cunha visión moi persoal á vez que extremadamente rigorosa, interpretándoo como síntoma e expresión da nova concepción do tempo e da vida, concepción que separou a sociedade e a cultura tradicional dun mundo no que a medición e o cómputo comezaban a ser os verdadeiros protagonistas. Un libro que nos redescobre a cerna da sociedade do século XXI ao constatar a pasaxe dun tempo "harmónico", natural e local, a outro eminentemente urbano e cosmopolita que pretende ignorar as contricións da natureza e no que prima a linealidade, a aceleración e a présa. A partir desta constatación, que vertebra e dá unidade conceptual ao ensaio, Rei Ballesteros realiza unha serie de suxestivos achegamentos a temas tan fundamentais na nosa cultural coma o amor, a morte, a familia, a orixe e a comunidade. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasA lingüista Teresa Moure gaña a cuarta convocatoria do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 20042006-04-03 12:22:53 Lembranza de Anxo Rei Ballesteros2009-09-14 14:38:33
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||
|