Alba é unha atleta que adestra duro para conseguir a vitoria. Vén de gañar unha medalla de ouro no Mundial de atletismo e está no seu mellor momento. Pero a súa carreira verase truncada por unha acusación inesperada. Uns meses antes dos Xogos Olímpicos a deportista é apartada da competición oficial. Para Alba correr é respirar, e nese momento o seu mundo derrúbase. Acompañada pola súa inseparable adestradora, atópase nunha encrucillada da que intenta saír para cumprir o seu soño sen renunciar ao seu verdadeiro ser.
Run baby run aborda a discriminación de xénero no deporte. Unha reflexión sobre canto se pode chegar a loitar sen traizoar os propios principios.
é dramaturga, poeta e actriz. Licenciada en Filoloxía Inglesa con mestrado en Lingüística pola USC, nas súas creacións escénicas o folclore galego convertese en ritual, unha volta á orixe dende un prisma poético e contemporáneo.
Coa súa compañía, Meninas Teatro, escribe e actúa dende 2011 en obras como O tío Florencio (2022), Avón llama a tu puerta (2016), No sin mi libro (2015) e Androsex (2013), e, en La Méduse, compañía fundada xunto a Tatiana Carel, foi asesora dramatúrxica e actriz en Servir (2022), Mi verano en burkini (2020) e Tsunami (2018).
Publicou tres libros de poesía: Ouveos/Aullidos (2020), Ninfopoética (2018) e Vestida de domingo (2011). Cos seus espectáculos de poesía escénica actuou en festivais de poesía de Nova York, México, Madrid, Santiago, Vigo, O Barco de Valdeorras e O Courel.
Foto da autora ©Ilde Sandrin