En Perder, Roberto Salgueiro fai unha escolla de textos escritos entre 2016 e 2021, período que se corresponde a unha nova etapa da súa dramaturxia, máis fragmentaria, formalmente arriscada e creada a pé de escena para voces femininas.
(Caracas, 1966). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e DEA en Teoría da Literatura, dirixe a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 1990. Gañador do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais en catro ocasións (1988, 2000, 2002 e 2007), do premio Abrente en 2006 por Memoria de Helena e María, do Rafael Dieste de Deputación da Coruña en 2015 por Como mil cachiños de vidro que a dor escurece e do MIT de Cangas por Jessi and Johnny en 2020. Ten, tamén, diversas publicacións no ámbito do ensaio e da investigación teatral. Os seus traballos escénicos representáronse en numerosos teatros de España, así como en Francia, Portugal, Noruega, Países Baixos, Bélxica, Alemaña, Lituania, Estonia, Marrocos e Os Estados Unidos.