Onde mercan os LarpeirosTomás AlonsoVíctor LópezUn percorrido por Galicia a través dos seus produtos de calidade e da súa paisaxe, unha festa de sabores e recendos na que non falta o humor Os moitos seguidores de 'Larpeiros', eses milleiros de persoas que nas cociñas das súas casas seguen paso a paso as receitas que Benigno Campos lles fornece nos seus libros, teñen agora a oportunidade de achegarse, con este Onde mercan os Larpeiros ás máis excelentes galdrumadas da nosa terra. Tomás Alonso e Víctor López, os autores, percorreron Galicia toda na procura dos ingredientes e mais das persoas, desas boas xentes que con agarimo e alta profesionalidade fabrican pan; crían tenreiras, capóns ou porcos; sementan fabas, pementos ou cogomelos; pescan robalizas e pescadas do pincho; elaboran amendoados, bicas e tortas…, unha festa para os padais máis esixentes. Os nosos "Reis dos Mercados" falaron con eles e interesáronse polas súas angueiras e ilusións, e facilítannos as pistas para chegar aos seus produtos, asegurándonos que a nosa calidade alimentaria medrará moitos enteiros o seu consumo. Di Xosé Cermeño, no limiar, que "este libro encerra a información práctica que converterá a calquera aspirante a larpeiro nun experto das conversas de sobremesa onde os lambóns diplomados compiten por ver quen coñece o mellor sitio para mercar queixo ou comer empanada". Seguindo os itinerarios que se propoñen neste Onde mercan os Larpeiros a diplomatura está asegurada. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasOnde mercan os Larpeiros2012-03-27 10:30:42 Presentación de ONDE MERCAN OS LARPEIROS2012-03-27 10:30:42 Medio cento de produtos galegos de calidade2012-03-27 10:30:42 Da tele ao libro. E con moita música2012-03-27 10:17:59 Onde mercan os Larpeiros2012-06-08 12:13:40
Obras do autor en catálogoActividades relacionadasPresentación de ONDE MERCAN OS LARPEIROS2011-11-15 12:00:00 Conversa entre Larpeiros2011-11-25 20:00:00 CULTURGAL 20112011-12-03 12:00:00 Conversa con Tomás Alonso2011-12-17 19:00:00 Conversa entre Larpeiros2012-02-01 19:30:00 Conversa entre Larpeiros2012-04-16 20:00:00 Conversa entre Larpeiros2012-04-22 19:00:00 Conversa entre Larpeiros2012-04-22 13:00:00 ONDE MERCAN OS LARPEIROS na Feira Medieval de Vilalba2012-07-07 12:00:00
Novidades
| |||||||||||
|