Víctor López Arjona (Vigo, 1970) é licenciado en Xeografía, Arte e Historia de Galicia pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira xornalística en Radio Cadena Española, e de alí pasou a Radio Nacional, onde combinou as súas tarefas con Televisión Española. Durante sete anos foi redactor da Televisión de Galicia e desde febreiro de 2000 é xornalista na delegación en Vigo de La Voz de Galicia. Ademais disto foi correspondente da Axencia EFE en Vigo e colaborou en xornais de Galicia, como Diario 16 ou El Ideal Gallego; en radio, en Onda Cero, e en televisión en Digital Plus e La Sexta.