Presentación de ONDE MERCAN OS LARPEIROS

Categoría: Nova

Este martes, ao mediodía e no salón principal do Real Club Náutico de Vigo, presentaremos o libro, escrito por Tomás Alonso e Víctor López, 'Onde mercan os larpeiros'.
Estamos diante dunha nova achega ao programa Larpeiros, despois da exitosa publicación dos dous libros de receitas do cociñeiro do programa Benigno Campos.
Nesta ocasión, asistimos a un percorrido por Galicia a través dos seus produtos de calidade e da súa paisaxe ou o que é o mesmo, unha festa de recendos e sabores na que non falta, como na boa cociña, o humor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email