Estás aquí:

Código: 2853

As lembranzas perdidas no lago Antelväri

15,50  IVE INCLUIDO
As lembranzas é o que nos define,
son a equipaxe que imos reunindo ao longo das nosas vidas e a peaxe que entregamos cando cruzamos a derradeira porta. Nas beiras do lago Antelväri vive un vello que non quere lembrar, que desexa borrar as feridas infrinxidas polo percorrer dos anos. Porén, a vida é un río de augas revoltas, que nos empurra até a desembocadura da Morte. Ás veces, canto máis queremos fuxir, maís caemos no pozo dos nosos medos. Para o vello Olavi o final está marcado nas profundidades do lago, alí onde moran os seres de luz, onde a aurora boreal mergulla as súas brillantes cores até fundilas coa escuridade que vén de alén das estrelas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 232
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección: 100
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-160-1
Observacións:

AUTORES/AS

Duncan, Xosé
xose-duncan-mar-otero

(Taragoña – Rianxo) achegouse por vez primeira ao mundo da escrita pola xanela que lle ofreceu o proxecto Contos Estaños. Aí colaborou con numerosos relatos desde 2012 até 2015 e publicou a triloxía de fantasía épica As crónicas de Bran. Tamén se achegou ao xénero de terror coa novela curta Hostal Norte e á distopía coa crítica social e política na futurista cidade de Negruña. Quedou finalista en 2016 na segunda edición do certame de Literatura Fantástica Antón Risco coa obra Os soños da Deusa Nai e do Deus Tolo. Na actualidade alterna o traballo como informático coa creación de máis literatura fantástica e a coordinación da revista Contos Estraños.

As súas obras

As lembranzas perdidas no lago Antelväri
as-lembranzas-perdidas-no-lago-antelvari
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.20€ CON IVE
A besta moura
besta
12.90€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
14.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.20€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
14.00€ CON IVE
A dona de Auria
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
11.50€ CON IVE