Duncan , Xosé

xose-duncan-mar-otero
Duncan , Xosé

(Taragoña – Rianxo) achegouse por vez primeira ao mundo da escrita pola xanela que lle ofreceu o proxecto Contos Estaños. Aí colaborou con numerosos relatos desde 2012 até 2015 e publicou a triloxía de fantasía épica As crónicas de Bran. Tamén se achegou ao xénero de terror coa novela curta Hostal Norte e á distopía coa crítica social e política na futurista cidade de Negruña. Quedou finalista en 2016 na segunda edición do certame de Literatura Fantástica Antón Risco coa obra Os soños da Deusa Nai e do Deus Tolo. Na actualidade alterna o traballo como informático coa creación de máis literatura fantástica e a coordinación da revista Contos Estraños.

As súas obras

As lembranzas perdidas no lago Antelväri
as-lembranzas-perdidas-no-lago-antelvari
14.90€ CON IVE
Mnemea
9788491513308
18.40€ CON IVE