ESGOTADO
Unha obra narrativa que logra reflectir o movemento, que capta as emocións. E que se pregunta: por que non nos detemos xamais?
Os lugares: Shanghai e a illa de Elba, a China contemporánea, próxima e urbana, e a Europa esquecida, sorprendentemente afastada e primitiva. Os sentimentos: a estrañeza do amor e a familiaridade da morte. O tempo: a velocidade e a simultaneidade. Fuxir, a novela coa que Jean-Philippe Toussaint acadou o Premio Médicis no ano 2005, hipnotiza cunha prosa atenta aos detalles, subxugadora e que le con verdadeiro pracer.
Jean-Philippe Toussaint (Bruxelas, 1957) é un dos máis brillantes escritores en lingua francesa da súa xeración. Reside en Francia desde 1971. Os seus personaxes, solitarios empedernidos, habitan un universo narrativo que se caracteriza pola discontinuidade e as permanentes rupturas do relato. Ten publicado La Salle de bain (1985), Monsieur (1986), L’Appareil-photo (1989), La Réticence (1991), La Télévision (1999) e Autoportrait (à l’étranger) (2000). Tamén se dedicou á escritura de guións de cine e en 1999 realizou a película La patinoire.
Con Faire l’amour (2002) e Fuxir (2005, Galaxia 2007), a súa obra deu un novo xiro. Ambos libros forman un díptico: o primeiro narra unha ruptura, o segundo as súas consecuencias. A súa obra vaise facendo máis visual, máis cinematográfica. Fuxir é unha fermosa resposta literaria ás creacións de interesantes cineastas contemporáneos, como David Lynch o Wong Kar Waï.