Estás aquí:

A cea

ESGOTADO
Premio Novela Europea Casino de Santiago 2011 A novela relata o encontro de dous matrimonios -dous irmáns e cadansúa muller- que quedan para cear nun restaurante fino. Falan de cine e plans de vacacións, eludindo ata o final o tema que os levou alí: o futuro dos seus fillos Michel e Rick, de quince anos. Estes fixeron algo que lles pode desgrazar a vida para sempre. Paul Lohman, o narrador e pai de Michel, quere o mellor para o fillo. E para iso está disposto a facer o que faga falla. O seus compañeiros de mesa teñen tamén os seus propios propósitos ocultos. Durante a cea saen a relucir emocións, conflitos latentes entre os irmáns, ata que, por último, chegan ao punto no que teñen que tomar unha decisión transcendental. Herman Koch narra cunha finura e unha agudeza verbal extraordinarias unha historia de amor incondicional, de violencia e de traizón. Os verdadeiros motivos persoais de cada un dos personaxes desvélanse pouco e pouco, polo que o lector se ve obrigado a posicionarse moralmente ao longo da narración. A cea é unha novela provocadora e unha ácida crítica social.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 328
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 08/01/2015
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-463-9
Observacións: ESGOTADO

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Koch, Herman
herman

Herman Koch (Arnhem, 1953) é un dos escritores máis destados de Holanda. Amplamente coñecido polos seus libros, a súas columnas nos xornais e o seu traballo de actor na televisión, publicou en 1985 a colección de relatos De voorbijganger. De 1989 é Red ons, Maria Montanelli, á que seguirían Eten met Emma (2000), Odessa Star (2003), Denken aan Bruce Kennedy (2005), e Zomerhuis met zwembad (2011). Con A cea obtivo en 2009 o Premio do Público e a novela foi escollida como Libro do Ano en Holanda.

As súas obras

A cea
cea

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
21.70€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
24.50€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
18.40€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.80€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
17.30€ CON IVE
A pista de area
pista
20.80€ CON IVE