Estás aquí:

Código: 2154

A casa dos encontros

21,70  IVE INCLUIDO
A casa dos encontros, a agardada novela do escritor inglés Martin Amis, chega aos lectores e lectoras galegos un mes despois da súa publicación en Inglaterra, pola que a edición galega se converte nas primeiras das publicadas noutra lingua.
Editorial Galaxia, en colaboracion coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, inicia con esta novela a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, na que se van publicar as novidades literarias máis salientables das literaturas europeas contemporáneas ao mesmo tempo que se publican no resto de Europa. A Biblioteca Compostela recrea dese xeito o símbolo da cidade de Santiago como porta de entrada da cultura europea en Galicia.

Martin Amis conta en A casa dos encontros o triángulo amoroso no que, ao longo de case unha década, se ven implicados unha rapaza xudía e dous irmáns recluídos nun campo de traballo preto do Círculo Polar Ártico. Na Unión Soviética, a mediados do século XX, as mulleres chegaban a atravesar distancias tan grandes coma continentes coa esperanza de pasar unha noite cos seus homes, confinados en campos de concentracion, os gulags. Á cabana reservada para esas citas chamábanlle "a casa dos encontros". A través dun dos seus protagonistas que, xa vello, lle conta á súa filla a historia daqueles anos terribles e inmisericordes, Amis recrea unha parte fundamental da recente historia europea nun tour de force no que a voz do narrador acada a intensidade e a dureza dos acontecementos que narra.

A obra narrativa de Amis retorna a unha das súas preocupacións centrais: a natureza da masculinidade e a relación entre a sexualidade masculina e a violencia. A voz narradora de A casa dos encontros forza ao lector a tomar partido, a situarse perante o que a novela conta, a aceptalo ou a rexeitalo, co que a lectura se converte nun proceso aberto, de intercambio activo entre texto e lector. A descuberta dun territorio narrativo novo leva a Martin Amis a moverse con especial habilidade no cumio do oficio de escritor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 290
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 22/11/2006
Dimensións 14 x 21 cm mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-951-1
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Amis, Martin
martin amis

Martin Amis (Swansea, Sur de Gales, 1949 – Florida, 2023) é autor de nove novelas, entre elas Money (1984), The Information (1995) e Yellow Dogs (2004). Entre os seus libros salientan tamén a autobiografía Experience (2002) e a crónica Koba the Dread (2002). No ano 2006, Editorial Galaxia publicou a tradución galega da súa novela A casa dos encontros e no 2010 A viúva preñada.

As súas obras

A casa dos encontros
encontros
21.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
21.70€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
24.50€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
18.40€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.80€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
17.30€ CON IVE
A pista de area
pista
20.80€ CON IVE