Estás aquí:

Código: 2181

A desaparición de Esme Lennox

20,95  IVE INCLUIDO
Premio Novela Europea Casino de Santiago 2010
Publicada orixinalmente en inglés no ano 2006, A desaparición de Esme Lennox desenvólvese en Edimburgo, na década de 1930. A familia Lennox ten problemas coa súa filla máis nova. Esme é franca e odia as convencións. Con frecuencia, avergónzaos ante a boa sociedade e hai que lle poñer remedio a este problema. Anos máis tarde, unha moza chamada Iris Lockhart recibe unha carta informándoa de que ten unha tía avoa nunha unidade psiquiátrica que está a piques de desaparecer.

Iris nunca oíu falar de Esme Lennox e a única persoa que lle pode dar unha explicación, a súa avoa Kitty, é incapaz de responder as preguntas de Iris. Que fixo Esme para merecer que a encerrasen toda a vida nun manicomio? E como é posible que se poida borrar completamente unha persoa da memoria da familia?

A desaparición de Esme Lennox é a formidable historia dunha vida roubada e impugnada. Maggie O’Farrell é a herdeira directa de Daphne du Maurier, a autora de Rebecca, novela levada ao cinema por Alfred Hitchcock.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 244
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 14/11/2011
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-402-8
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

O'Farrell , Maggie
maggie

(Coleraine, Irlanda do Norte, 1972), narradora británica, traballa como xornalista e é editora literaria do The Independent on Sunday. A súa obra caracterízase por tratar temas coma as relacións entre irmás e o impacto psicolóxico das perdas na vida dos seus personaxes. O’Farrell obtivo en 2010 o Premio Costa de novela con The Hand That First Held Mine. Debutou coa novela After You’d Gone (2000), que foi un suceso internacional, logo publicaría My Lover’s Lover (2002) e The Distance Between Us (Premio Somerset Maugham, 2004).

As súas obras

A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
21.70€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
24.50€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
18.40€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.80€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
17.30€ CON IVE
A pista de area
pista
20.80€ CON IVE