'A cea' de Herman Koch chega á segunda edición

Categoría: Nova

'A cea' de Herman Koch recibiu, hai uns anos, o prestixioso Premio de Novela Europea. A nosa editorial publicouna en 2012 e, dende o momento inicial da súa saída, gozou do favor do lectorado máis esixente e namorado da boa literatura.
Estes días e co gallo da súa reimpresión, chega de novo ás librerías de Galicia unha historia na que o autor sérvenos unha reflexión sobre o que fariamos se descubriramos que os nosos fillos veñen de cometer un crime inxustificable.
Un libro provocador, politicamente incorrecto e que se cuestiona a 'decencia' dunha sociedade onde 'as aparencias' xustifican o que polo xeral é dificilmente xustificable.

Comparte nas túas redes sociais ou por email