O grande clásico do noso teatro, sempre en Galiza

Categoría: Nova

O grande clásico do teatro galego é esta 'farsa en tres lances', como presentou o propio Castelao a súa 'Os vellos non deben de namorarse' que agora ven de chegar á sexta edición dentro da Biblioteca Castelao da nosa editorial. Obviamente, as edicións postas nas librerías son moitísimas máis, pero dende hai moitos anos, na nosa editorial creamos esa Biblioteca Castelao onde concentramos todos os libros do xenial autor e político de Rianxo.
Volvemos poñer nas librerías do país, pois, esta obra, popular que viu a luz por vez primeira en Buenos Aires no ano 1941 e que non deixou, nunca, de representarse dende aquela.
Por iso é un clásico.

Comparte nas túas redes sociais ou por email