Estás aquí:

Código: 2353

Esperando o leiteiro

12,80  IVE INCLUIDO
A nova novela de Xosé Neira Vilas
Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa aldea a Buenos Aires. Nesta crónica dun mundo que perdemos, escrita cunha lingua vizosa e chea de autenticidade, Neira Vilas evoca con pluma maxistral as vivencias dun mozo de dezanove anos que, na década de 1950, marcha para as Américas empurrado polos que estaban alá e pola escaseza do que tiña aquí. A novela é testemuño dun mundo que se foi, o da aldea, cos seus atafegos e traballos, o seu universo, os seus costumes, a súa fala, mundo que Neira Vilas narra a través dun monólogo sen interrupcións feito coas lembranzas e coas arelas do protagonista.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 112
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/10/2012
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Biblioteca Neira Vilas
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-421-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Neira Vilas, Xosé
neira vilas

Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.

Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.

As súas obras

Co pai
co-pai
12.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Neira Vilas

Aqueles anos do moncho
Aqueles anos do moncho
13.50€ CON IVE
Camiño bretemoso
9788491517511
13.50€ CON IVE
Cartas a Lelo
lelo
12.80€ CON IVE
Co pai
co-pai
12.50€ CON IVE
De Gres a Cádiz
de-gres-a-cadiz
19.50€ CON IVE
Esperando o leiteiro
leiteiro
12.80€ CON IVE
Lar, Nai, Pan
1418650329Lar,_nai,_pan
19.95€ CON IVE
Memorias dun neno labrego
memorias
13.50€ CON IVE