Neira Vilas presentou 'Esperando o leiteiro'

Categoría: Nova

Xosé Neira Vilas presentou onte na biblioteca que leva o seu nome, en Vigo, a súa nova novela (que publicamos ao mesmo tempo en formato eBook), 'Esperando o leiteiro'. No acto participou a actriz Uxía Blanco lendo algúns fragemntos da obra. Tamén interviron, canda o autor, a concelleira de Cultura e Festas de Vigo, Isaura Abelairas, e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.

Neira Vilas explicou que a novela, a pesar de tratar o que el chama 'días feos', está escrita dende un certo senso do humor. Formalmente, sinalou, 'é unha obra curta, escrita sen puntos nin capítulos e na que optei pola segunda persoa para afrontar a narración'. Inevitablemente saiu Balbino, o seu inmorrente personaxe creado nas 'Memorias dun neno labrego', O autor sinalou que cada vez que evocamos a nosa infancia estamos a ser, todos e todas, Balbino dalgunha maneira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email