Faleceu Xaime Isla Couto
(foto de Xurxo Lobato) Hai poucas horas faleceu en Vigo o ensaísta, avogado, economista, animador cultural e político do galeguismo Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915-Vigo, 2012). Era Presidente de Honra de Editorial Galaxia S. A. e cofundador da editora en 1950. Tamén era director de Honra da revista Grial. Editorial Galaxia constituíuse en […]
Presentación de CONTOS DA TERRA DA TARDE en Boiro
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Boiro convidan á saída do número 74 do suplemento cultural 'A Voz de Barbantia', así como á presentación do libro 'Contos da terra da tarde', de Bieito Iglesias. O acto terá lugar mañá venres 27 de abril, ás 20:30 h., no […]
Manuel Núñez Singala, premio Frei Martín Sarmiento
Esta mañá de martes fallouse, na Festa da Lingua, no Pazo de Congresos de Pontevedra, unha nova edición do Premio Frei Martín Sarmiento que recoñece, a xuízo de varios milleiros de alumnos e alumnas participantes no proceso de selección, lectura e valoración, as obras mellores do ano pasado. O gañador, na categoría de mellor obra […]
Entrega do premio Rosa dos Ventos a Víctor F. Freixanes
"As culturas sostéñense sobre o capital humano, sobre a intelixencia, sobre os homes e mulleres que son capaces de soñar o futuro", asegurou o xoves o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes, ao recibir de mans dos alumnos do Instituto Santiago Apóstol o premio Rosa dos Ventos. Na cerimonia engadiu que ese rapaces […]
CONTOS PARA IR DURMIR
Este martes, ás 20:00 h, terá lugar na librería Andel (rúa Pintor Lugrís, 10) de Vigo a presentación do debut literario de Roi Méndez, Contos para ir durmir, publicado na colección Árbore de Galaxia. Estará acompañado neste acto polo editor, Francisco Castro. É un libro de contos para ler a calquera hora. Tamén para ir […]
Día do Libro
Hoxe, 23 de abril, celébrase en todo o mundo o Día do Libro. E como cada ano, volvemos facer recordatorio da fe común que mantemos arredor deste obxecto que é moito máis ca unha cousa: dentro viven pensamentos, verbas de amor, tramas inauditas, personaxes inesquencibles, ideas para transformar o mundo. Hoxe reivindicamos, tamén, o libro […]
Premios para Vítor Vaqueiro e Antón Riveiro Coello
O pasado sábado, dous libros de Editorial Galaxia recibiron dous dos premios máis importantes dos que se conceden no noso país. Por unha banda, os críticos literarios españois, reunidos en Segovia, decidiron que 'Laura no deserto', de Antón Riveiro Coello, e 'Cráter', editado por Edicións Toxosoutos, de Olga Novo, nas modalidades de narrativa e poesía, […]
Cultura, empresa e galeguismo
A Real Academia Galega vén de dedicar o Día das Letras Galegas deste ano a Valentín Paz-Andrade (1898-1987). Hai pouco que nos deixou outro dos grandes: Isaac Díaz Pardo (1920-2012). O número 193 de Grial dedica o seu monográfico a estes dous persoeiros da cultura galega, mais dende una óptica distinta. Ambos os dous teñen […]