CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO en Gondomar

Este sábado será especialmente intenso para o libro 'Carta urxente para Máximo Toxo', de Diego Rey, na vila de Gondomar. Así pois no club de lectura Lendo Contigo, que se celebra ás 12:00 h na Biblioteca Municipal Gondomar, falarase sobre o libro co seu autor. E logo, ás 18:00 h, no Auditorio Municipal Lois Tobío, […]

O SABRE DO FRANCÉS

Dez anos despois da primeira edición, Galaxia volve publicar O sabre do francés nunha nova edición corrixida e ampliada con dous relatos: un inédito, titulado 'A negativa do dragón Émeri Vendermot', e incorpórase 'O sangue dos Cortiña', anteriormente publicado en volume exento. Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da narrativa histórica, de aventuras […]

Editorial Galaxia abrirá un selo propio en Buenos Aires

Titularase Mar MAIOR-Editorial Galaxia e concíbese como a "editorial dos galegos no mundo", unha plataforma de difusión da cultura galega que, segundo as programacións iniciais, empezará a andar en Buenos Aires no ano 2013. Así o anunciou o director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, na mesa de debate "Tendencias" dentro da Feira Profesional do Libro, […]

Fallado o premio INSPIRACIENCIA

Xa se coñecen os gañadores nas distintas categorías do II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA e no que, por vez primeira, tamén puideron participar relatos en galegos pois Editorial Galaxia se incorporou este ano á organización. Así pois, no que se refire á nosa lingua,o xurado decidiu conceder o primeiro premio da modalidade […]

Víctor F. Freixanes 1º premio 'ROSA DOS VENTOS'

O alumnado de 5º curso de bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires crea o premio 'Rosa dos Ventos' e outórgao na súa primeira edición ao director xeral de Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes. Mañá 19 de abril o escritor e académico recibirá a distinción nunha cerimonia que se celebrará no salón de actos […]

Presentouse UN POZO MOI FONDO en Vigo

Onte, na Casa do Libro de Vigo, o doutor José Luis Iglesias Diz presentou, na compaña do editor Francisco Castro, o seu libro 'Un pozo moi fondo. Anorexia, bulimia e outros trastornos da conduta alimentaria'. Ao remate do mesmo, desenvolveuse un animado coloquio no que o público asistente puido facer preguntas directamente ao doutor sobre […]

Comezan os Roteiros de 'A praia dos afogados'

Hoxe dan comezo os Roteiros que a nosa editorial organizou arredor da novela de Domingo Villar, 'A praia dos afogados'. En termos xerais, van participar nesta actividade que vai permitir coñecer os escenarios onde se desenvolve a novela, algo máis de mil escolares de ensino medio en Galicia, convertíndose así esta acción, sen dúbidas, nunha […]

A lingua e a edición galega coas novas tecnoloxías

Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, é un dos editores invitados á mesa de debate inaugural da Feira Profesional do Libro de Buenos Aires, que se inaugurou onte na capital arxentina. É a primeira vez que un editor galego é invitado como tal a participar neste evento internacional, un dos grandes encontros de profesionais […]