Estás aquí:

Código: 2358

De Gres a Cádiz

19,50  IVE INCLUIDO
As orixes biográficas da súa obra inédita
Xosé Neira Vilas comenzou a escribir en 1996 este libro, ata o de agora inédito, que reúne lembranzas, ou o que el denominou "prosas condensadas", dun tempo esencial para a vida e a formación do escritor. De Gres, a aldea onde naceu, a Cádiz, a cidade na que embarcou aos vinte anos con rumbo a América para comezar unha etapa nova. Coma nunha conversa consigo mesmo, o autor de Memorias dun neno labrego fai un entrañable exercicio de nostalxia para apreixar os lostregueos que alumaron nalgún momento o seu camiño. Lugares, sucesos, personaxes e historias que están na orixe da obra narrativa dun dos grandes escritores galegos do século XX.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 216
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Neira Vilas
Nº na colección: 9
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-167-0
Observacións:

AUTORES/AS

Neira Vilas, Xosé
neira vilas

Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.

Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.

As súas obras

De cando o Suso foi carteiro
9788491517535
11.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Neira Vilas

Aqueles anos do moncho
Aqueles anos do moncho
13.50€ CON IVE
Camiño bretemoso
9788491517511
13.50€ CON IVE
Cartas a Lelo
lelo
12.80€ CON IVE
Co pai
co-pai
12.50€ CON IVE
De Gres a Cádiz
de-gres-a-cadiz
19.50€ CON IVE
Esperando o leiteiro
leiteiro
12.80€ CON IVE
Lar, Nai, Pan
1418650329Lar,_nai,_pan
19.95€ CON IVE
Memorias dun neno labrego
memorias
13.50€ CON IVE