Estás aquí:

Código: 2359

Co pai

12,50  IVE INCLUIDO
Textos inéditos
Na Habana, en febreiro de 2000, o autor de Memorias dun neno labrego, que antes lle dedicara un libro de lembranzas á súa nai, titulado precisamente Nai, decidiu escribir unha serie de prosas relacionadas co seu pai. O título: Co pai, é dicir, as vivencias do narrador co seu pai. As experiencias dos dous xuntos, en común, en compaña nos labores, traballos e problemas domésticos. Ao ser Neira Vilas o fillo máis vello, foi o que tivo un vecello máis estreito co seu pai na etapa máis vital, de traballo, deste. A memoria do pai aparece dese xeito case sempre vencellada á casa e aos labores agrarios: "Home multiplicado, a un tempo construtor, carpinteiro, labrego, atendendo as lúas, restrabando e sachando". Vinte e cinco retrincos dunha relación fundamental, sempre presente na obra literaria do seu autor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 92
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Neira Vilas
Nº na colección: 10
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-350-6
Observacións:

AUTORES/AS

Neira Vilas, Xosé
neira vilas

Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.

Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.

As súas obras

De Gres a Cádiz
de-gres-a-cadiz
19.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Neira Vilas

Aqueles anos do moncho
Aqueles anos do moncho
13.50€ CON IVE
Camiño bretemoso
9788491517511
13.50€ CON IVE
Cartas a Lelo
lelo
12.80€ CON IVE
Co pai
co-pai
12.50€ CON IVE
De Gres a Cádiz
de-gres-a-cadiz
19.50€ CON IVE
Esperando o leiteiro
leiteiro
12.80€ CON IVE
Lar, Nai, Pan
1418650329Lar,_nai,_pan
19.95€ CON IVE
Memorias dun neno labrego
memorias
13.50€ CON IVE