Estás aquí:

Código: 18861

Contas de Buxo

14,70  IVE INCLUIDO

Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un león que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. 

Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán que compartiu coa súa nai antes de que esta a abandonase.

Dende alí, coa axuda do seu curmán e, ao mesmo tempo que a familia e a policía a buscan, irá debullando un pasado descoñecido e arrepiante para ela. 

A moza, coa praia das Catedrais de fondo, pronto empezará a comprender que as verdades a miúdo non o son tanto.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 142
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 29/02/2024
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección: 147
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-193-2
Observacións:

AUTORES/AS

Fernández Fernández, Raquel
Raquel Fernandez Fernandez ©Manuel Garrido

(Nigrán, 1972). Exerce no sector da restauración como propietaria dun restaurante no Val Miñor. Escribe dende nena e é lectora voraz dende que acorda.

Acadou máis dunha quincena de premios literarios. Entre os que destacan o 1º Premio das Mulleres Progresistas de Vigo, (2017 e 2019), o Certame Literario do Concello de Ames (2020, en Poesía e en Narrativa) e o 1º Premio de relatos a prol da igualdade do Concello de Melide (2021). Resultado destes premios publicou en varias antoloxías.

En  2022 asistiu ao Obradoiro da Escola de Escritores de Editorial Galaxia, onde acadou o pulo necesario para presentar esta súa primeira novela.

Foto da autora ©Manuel Garrido

 

As súas obras

Contas de Buxo
9788411761932
14.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.20€ CON IVE
A besta moura
besta
12.90€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
14.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.20€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
14.00€ CON IVE
A dona de Auria
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
11.50€ CON IVE