(Nigrán, 1972). Exerce no sector da restauración como propietaria dun restaurante no Val Miñor. Escribe dende nena e é lectora voraz dende que acorda.
Acadou máis dunha quincena de premios literarios. Entre os que destacan o 1º Premio das Mulleres Progresistas de Vigo, (2017 e 2019), o Certame Literario do Concello de Ames (2020, en Poesía e en Narrativa) e o 1º Premio de relatos a prol da igualdade do Concello de Melide (2021). Resultado destes premios publicou en varias antoloxías.
En 2022 asistiu ao Obradoiro da Escola de Escritores de Editorial Galaxia, onde acadou o pulo necesario para presentar esta súa primeira novela.
Foto da autora ©Manuel Garrido