12,35€

mercar

Círculo vicioso

Manuel de Pedrolo

Unha novela negra concisa, directa e maxistralmente construída que figura entre o máis selecto da obra do autor do Mecanosrcito da segunda orixe.

Todos eles estaban de acordo: tiñan que renunciar. Ata aquel momento a axencia mantivérase de traballos correntes que non entraban en conflicto nin coa lei nin coas súas conciencias. Pero agora a tentación era demasiado forte. ¿Como era posible enterrar legalmente a unha persoa viva? Claro que o individuo que repousaba no cemiterio estaba ben morto, pero ocupaba o lugar doutra persoa que agora reclamaba unha investigación. Así que o fixeron. Sen imaxinar nin remotamente que había máis cadáveres…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 156
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 138 x 210
  • Data Publicación : 1999-11-01
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-290-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

Xogo sucio13,25€

Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Pedrolo, Manuel de
Manuel de Pedrolo (1910-1990) naceu na vila de Aranyó, en Lleida. Cursou estudos de medicina, que non chegou a rematar, e pasou pola dura experiencia dun campo de concentración, no que foi internado ó término da Guerra Civil. Pedrolo é unha das figuras máis notables da literatura catalana do século XX. A súa ampla obra abrangue case todos os xéneros literarios, dende o teatro e a poesía ata a novela e o relato. Foi precisamente na narrativa onde acadou os seus maiores éxitos. Entre os seus libros destaca Mecanoscrito da segunda orixe, a obra de maior venda na historia da literatura catalana, traducida ao galego e publicada por Editorial Galaxia. É autor tamén de Xogo sucio, Traxecto final e Círculo vicioso.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR