Pedrolo, Manuel de

pedrolo
Pedrolo, Manuel de

Manuel de Pedrolo (1910-1990) naceu na vila de Aranyó, en Lleida. Cursou estudos de medicina, que non chegou a rematar, e pasou pola dura experiencia dun campo de concentración, no que foi internado ó término da Guerra Civil. Pedrolo é unha das figuras máis notables da literatura catalana do século XX. A súa ampla obra abrangue case todos os xéneros literarios, dende o teatro e a poesía ata a novela e o relato. Foi precisamente na narrativa onde acadou os seus maiores éxitos. Entre os seus libros destaca Mecanoscrito da segunda orixe, a obra de maior venda na historia da literatura catalana, traducida ao galego e publicada por Editorial Galaxia. É autor tamén de Xogo sucio, Traxecto final e Círculo vicioso.

As súas obras

Mecanoscrito da segunda orixe
Mecanoscrito da segunda orixe
14.50€ CON IVE
Círculo vicioso
foto
14.10€ CON IVE
Xogo sucio
xogo
13.60€ CON IVE