Estás aquí:

Código: 1794

Águeda e o misterio dos calcetíns

11,40  IVE INCLUIDO
Águeda é unha rapaza ben particular. E está a piques de comezar unha aventura inesperada cando se ve obrigada a deixar a comodidade da vida na cidade para marchar cara un mundo máis "rural" que, en principio, semella que non lle apetece moito coñecer…
O debut literario de Paula Señarís, un libro curioso e moi divertido, que non renuncia a explicarnos a maxia que anda solta por aí onde menos se lle espera. Águeda era unha tranquila cativa de cidade coa vida máis que ordenada. Todo está no seu sitio e todo está controlado… ata que por esas cousas das leas dos maiores, que non hai quen os entenda, vai verse obrigada a marchar para o campo. Menos mal que o seu fiel can, Pitelo, vai canda el. O choque da nena urbanita co agro vai ser brutal… pero as aventuras van ser do máis emocionantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 92
Deseño: Rústica
Data Publicación: 07/02/2011
Dimensións 130 x 200 mm. mm.
Colección: Árbore a partir de 12 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-333-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Señarís , Paula
paula

Paula Señarís (Ames, 1986) licenciouse en Xornalismo na especialidade de Audiovisual na USC, e logo de residir un tempo en Londres volveu a Compostela, onde tivo a sorte de colaborar en diferentes programas culturais da TVG, como Libro Aberto, Eirado ou Zigzag. Foi aquí onde tomou conciencia da riqueza literaria do noso país. Actualmente traballa como reporteira para a canle galega.

As súas obras

Águeda e o misterio dos calcetíns
agueda
11.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 12 anos

A brava Sofía
brava sofia
esgotado
A casa da Madriña
foto
esgotado
A casiña azul
casiña
13.50€ CON IVE
A chave de ouro
foto
descatalogado
A chave dos soños
foto
11.15€ CON IVE
A guía fantástica
foto
descatalogado
A longa viaxe
foto
13.50€ CON IVE
A procura de Park
foto
descatalogado