Presentación dos novos libros de Paula Señarís e Mercedes Queixas

Categoría: Nova

Este venres presentaremos na Feira do Libro de Santiago dous novos libros coa presenza das súas autoras.

Por unha banda, ás 18:00 h, Paula Señarís falará do seu libro, publicado na colección Árbore, 'Águeda e o misterio dos calcetíns'. Despois, ás 19:00 h, Mercedes Queixas Zas, acompañada de María do Carme Kruckenberg, falarán arredor da biografía desta última, titulada 'Vivir, unha aventura irrepetíbel' e que xa foi presentada, con grande éxito, en Vigo e na Coruña en semanas pasadas.
En ambos os actos, as autoras estarán acompañadas do editor Francisco Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email