Estás aquí:

Código: 2648

A palabra das fillas de Eva

15,95  IVE INCLUIDO
Liberar a palabra. Un texto no que se pretende desenmascar as forzas sociais, que como a escola e os seus modelos de corrección ortográfica, nos condicionan. Un contra-ensaio que demanda atención para os movementos de pensamento libertario, coma o feminismo, tantas veces reducidos a tópicos.
Teresa Moure xoga a desafiar ao xénero esquecendo as fórmulas do discurso académico para construír un relato poliédrico no que, mentres expón as súas ideas, vai intercalando contos.

Con este recurso pode contar como transcorre un parto, ou rememorar en feminino o primeiro día da Creación. Pretende este ser un texto radical, un conxunto de argumentos críticos sobre o adestramento que a linguaxe exerce nas nosas mentes, onde se desenmascaran as forzas sociais que nos modelan. Propón, en definitiva, renovar a linguaxe, para actuarmos sobre as vellas estruturas e construírmos un mundo novo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 132
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 23/03/2009
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-707-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Moure, Teresa
teresa

Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É presidenta do consello de administracion de ‘Sermos Galiza’. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o terror ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación antiglobalización. É autora de libros como La alternativo no-discreta en lingüística (1996), Universales del lenguaje y linguo-diversidad (2001) ou La lingüística en el conjunto del conocimiento: una mirada crítica.

Obtivo o Premio Lueiro Rey de novela curta no ano 2004 con A xeira das árbores. Tamén no 2004 gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Outro idioma é posible; no 2005 foi Premio Xerais de novela con Herba Moura e publica con Galaxia outro ensaio: As palabras das fillas de Eva. En 2011 obtivo de novo o Premio Ramón Piñeiro co ensaio Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

En marzo de 2006 é premiada como Mellor Autora do ano nos premios da «Irmandade do Libro» que concede a Federación de Libreiros de Galicia.

As súas obras

Outro idioma é posible
OUTO IDIOMA E POSIBLE
16.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE