A Federación de Libreiros de Galicia premia a Teresa Moure como a mellor autora do ano

Categoría: Nova

A Federación de Libreiros de Galicia concedeulle a Teresa Moure o premio "Irmandade do libro" no apartado de "Autora do ano" como recoñecemento á súa obra ensaística e de ficción.

Teresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o terror ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación antiglobalización.
No ano 2004 a escritora gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que convoca e edita Galaxia xunto con Unión Fenosa polo ensaio Outro idioma é posible. Tamén con Galaxia e no ano 2005 publica o ensaio As palabras das fillas de Eva.

Nun ateigado Casino de Viveiro e nunha gala mantida pola escritora Yolanda Castaño e o escritor Xavier Alcalá a Federación de libreiros de Galicia, ademais de premiar a Teresa Moure como autora do ano, outorgou os seguintes galardóns: a Asociación de Escritores en Lingua Galega foi premiada na modalidade de "Institución"; o xornal Galicia Hoxe recibiu o premio no apartado de "Medios de Comunicación"; a libraría Gráficas Santiago de Ribadeona sección de "Libreiro do ano"; como "Mellor libro do ano" foi selecionada a Enciclopedia da Bioética que publicou a Universidade de Santiago; o premio aos "Centros de Ensino" o recibiron o CEP Monteporreiro de Pontevedra, o CEIP Castrelos de Cambados e o CEP Riomaior de Vilaboa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email