A arxentina María Rosa Lojo publica en galego "A fin da terra" con Galaxia. A novela será presentada nos vindeiros días na Feira do Libro de Bos Aires.

Categoría: Nova

A fin da terra nace dun proxecto que xiraba arredor da figura de Manuel Baigorria, quen logo de militar no exército do home branco se convertirá, durante vinte anos, en cacique poderoso entre os ranqueles, pobo asentado no noroeste da Pampa, antes de abandonalos para retornas entre os do antiguo bando.

Este estar entre dúas culturas sen saber ben cal era a propia, é un tema moi do agrado de María Rosa Lojo.

Na novela aparece tamén a personaxe dunha cómica, de orixe castelá, que marida co captor, esta muller está acompañada por Rosalinda, unha galega con ascendencia irlandesa. Na trama dedúcese unha tensión entre ambas as mulleres que reflicte a tensión entre galegos e casteláns que Rosalinda denunciará.

É unha novela poboada por seres, que dun xeito ou doutro, procuran ou teñen fracturada a súa identidade e viven ese esgazamento de modos distintos.

Os ambientes, as atmósferas, moi coidados e definidos, as personalidades complexas dos protagonistas e do resto de personaxes que debuxan a novela axudan a avanzar a trama.

A novela, levada ao galego por Ramón Nicolás remata cun apelo ao celtismo e na que as chagas do esgazamento, do desenraizamento, poden chegar a ser vividos de xeito menos traumático, pode ser, incluso vistos como riqueza, se hai amor, se hai comprensión, se non se renuncia as raíces.

Comparte nas túas redes sociais ou por email