Moure, Teresa

teresa
Moure, Teresa

Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É presidenta do consello de administracion de ‘Sermos Galiza’. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o terror ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación antiglobalización. É autora de libros como La alternativo no-discreta en lingüística (1996), Universales del lenguaje y linguo-diversidad (2001) ou La lingüística en el conjunto del conocimiento: una mirada crítica.

Obtivo o Premio Lueiro Rey de novela curta no ano 2004 con A xeira das árbores. Tamén no 2004 gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Outro idioma é posible; no 2005 foi Premio Xerais de novela con Herba Moura e publica con Galaxia outro ensaio: As palabras das fillas de Eva. En 2011 obtivo de novo o Premio Ramón Piñeiro co ensaio Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

En marzo de 2006 é premiada como Mellor Autora do ano nos premios da «Irmandade do Libro» que concede a Federación de Libreiros de Galicia.

As súas obras

Queer-emos un mundo novo
queer
15.95€ CON IVE
A palabra das fillas de Eva
as palabras das fillas
15.95€ CON IVE
Mamá, ti si que me entendes!
mama
16.50€ CON IVE
Eu tamén son fonte
eu
16.50€ CON IVE