Mamá, ti si que me entendes!

Teresa Moure

Un novo libro sobre o aleitamento materno de Teresa Moure, fermosamente ilustrado por Leandro Lamas.

Mamá, ti si que me entendes! preséntanos, desde os ollos dun bebé, os medos e as inquedanzas das nais que non son quen de aleitar aos seus fillos pero queren, das que poden pero non saben se deben… pero tamén a historia de como a sociedade presiona, en moitas ocasións, para que rapidamente se pase ao biberón. Neste novo libro sobre o aleitamento materno de Teresa Moure, o que predomina é o intelixente humor (palabra que rima con amor) que destila o seu protagonista/narrador: un bebé moi sabio.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 28
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 24 x 21 cm
  • Data Publicación : 2009-03-10
  • Colección : Álbumes
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-148-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

A herdadeCésar Souto Vilanova
EternityXosé Monteagudo
Pazo de invernoAlberto Lema

Moure, Teresa
Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É presidenta do consello de administracion de 'Sermos Galiza'. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o terror ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación antiglobalización. É autora de libros como La alternativo no-discreta en lingüística (1996), Universales del lenguaje y linguo-diversidad (2001) ou La lingüística en el conjunto del conocimiento: una mirada crítica.

Obtivo o Premio Lueiro Rey de novela curta no ano 2004 con A xeira das árbores. Tamén no 2004 gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Outro idioma é posible; no 2005 foi Premio Xerais de novela con Herba Moura e publica con Galaxia outro ensaio: As palabras das fillas de Eva. En 2011 obtivo de novo o Premio Ramón Piñeiro co ensaio Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

En marzo de 2006 é premiada como Mellor Autora do ano nos premios da "Irmandade do Libro" que concede a Federación de Libreiros de Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR