Eu tamén son fonte

Teresa Moure

Fermoso álbum ilustrado polo pintor Leandro Lamas, con texto de Teresa Moure.

Nesta nova obra, Teresa Moure preséntanos un texto poético para unha historia fermosa sobre o amor, a vida, e a intimidade gozosa entre as nais e os seus fillos e fillas.

Eu tamén son fonte, pola beleza do texto e das ilustracións, está chamado a convertirse en todo un acontecemento editorial.

Os lectores asturianos poden disfrutar del na súa edición en bable.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 28
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 24 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2008-10-03
  • Colección : Álbumes
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-127-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Yo tamién soi fonte2010-02-04 13:12:02


Actividades relacionadas


Novidades

A herdadeCésar Souto Vilanova
EternityXosé Monteagudo
Pazo de invernoAlberto Lema
Tríptico TeatralAntón Villar Ponte

Moure, Teresa
Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É presidenta do consello de administracion de 'Sermos Galiza'. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o terror ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación antiglobalización. É autora de libros como La alternativo no-discreta en lingüística (1996), Universales del lenguaje y linguo-diversidad (2001) ou La lingüística en el conjunto del conocimiento: una mirada crítica.

Obtivo o Premio Lueiro Rey de novela curta no ano 2004 con A xeira das árbores. Tamén no 2004 gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Outro idioma é posible; no 2005 foi Premio Xerais de novela con Herba Moura e publica con Galaxia outro ensaio: As palabras das fillas de Eva. En 2011 obtivo de novo o Premio Ramón Piñeiro co ensaio Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

En marzo de 2006 é premiada como Mellor Autora do ano nos premios da "Irmandade do Libro" que concede a Federación de Libreiros de Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR