No acto participaron Catuxa Cela, por Fedegalma, e o Coordenador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Nun salón cheo de nais, nenas e nenos, leuse o conto de Teresa Moure editado por Galaxia ao mesmo tempo que ían proxectándose as ilustracións de Leandro Lamas que conforman a exposición. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro día 15 de decembro. Por outra banda, preparouse unha Proposta Didáctica que recibirán os colexios de Lugo para organizar visitas á exposición e poderlle tirar o máis grande partido posible.
Eu tamén son fonte é unha historia sobre a espera, sobre a dozura dos tempos anteriores ao nacemento, sobre as ganas de ser fonte e deixar que agrome a vida. A Editorial Galaxia acolleu con ilusión este proxecto que tamén contou coa colaboración da Dirección Xeral de Saúde Pública, no convencemento, colectivo, de que a lactación materna é un agasallo e un acto grande de amor.