Patrimonio. Memoria e Identidade

Categoría: Nova

Este debate entorno a diferentes aspectos do patrimonio contou coa participación de Mª Victoria Carballo-Calero (catedrática de Historia da Arte na Universidade de Vigo); Felipe Criado (arqueólogo e profesor da Universidade de Santiago); Anxo Fernández Ocampo (doutor en Tradución e profesor da Universidade de Vigo); Manolo Vilar (historiador e colaborador do Museo do Pobo Galego), Iago Seara (arquitecto e comisario da exposición).

Últimos días para visitar a exposición en Vigo

A mostra "Galicia 25. Unha cultura para un novo século" estará aberta nas tres salas de exposición do Centro Social Caixanova ata o vindeiro domingo 30 de novembro, no seguinte horario:

Luns – venres: 18:00 – 21:30 h.
Sábados, domingos e festivos: 11:00-14:00 e 18:00 a 21:30 h.

A partir de mediados de decembro poderase visitar no Centro Social Caixanova da cidade de Pontevedra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email