"Eu tamén son fonte", de Teresa Moure

Categoría: Nova

No acto interviron Patricia López Izquierdo, presidenta de Fedegalma (Federación Galega de Apoio á Lactación Materna, primeira impulsora da obra, xunto coa Dirección Xeral de Saúde Pública ), Francisco Castro en representación da Editorial Galaxia e a autora, Teresa Moure, quen fixo unha defensa apaixonada da lactación materna ao tempo que leu o conto mentres se proxectaban as fermosas ilustracións de Leandro Lamas.

Por outra banda, no Concello de Moaña inaugurouse unha exposición coas ilustracións do libro. A mostra, producida por Merlín Comunicación, permanecerá aberta ata fin de mes. Despois, itinerará por toda Galicia.

Mais Eu tamén son fonte non é só un libro. En realidade forma parte dun proxecto moito máis ambicioso pois se completa coa exposición, que percorrerá todo o país, e cunha proposta didáctica pensada para que as mestras e mestres do 2º ciclo de Educación Primaria poidan visitar a mostra e tirarlle todo o proveito posible ao tempo que as alumnas e alumnos comprenden o valor do aleitamento materno.

Eu tamén son fonte, pola beleza do texto e das ilustracións, está chamado a convertirse nun dos acontedementos editoriais deste derradeiro trimestre do ano.

Comparte nas túas redes sociais ou por email