A pasada fin de semana, nun acto auspiciado por 'Amamantar', organización asturiana de apoio á lactancia materna, e a Concellería de Igualdadade do Concello de Xixón, presentouse en sociedade a versión bilingüe bable-castelán, do libro de Teresa Moure, 'Eu tamén son fonte' ilustrado por Leandro Lamas e que protagonizou, durante todo 2008 e o que vai de 2009 unha importante campaña a prol do aleitamento.
Agora, o seu texto, esta historia chea de poesía e esperanza, de redondeces e ilusión, sae das nosas fronteiras para, a través doutras linguas, chegar a máis públicos.
Sen dúbida, unha boa nova que vén enchernos de ledicia e que, dende aquí, queremos celebrar.