14,15€

mercar

Queer-emos un mundo novo

Teresa Moure

Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións

Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría queer para a aplicar ás nosas categorías lingüísticas contemporáneas. Aínda que tende a identificarse como unha reivindicación da homosexualidade, queer transcende calquera intento de redución. Queer obríganos tamén a reflexionar sobre os usos lingüísticos actuais nun momento en que as academias e os poderes máis conservadores se reafirman no masculino xenérico que o feminismo sempre rexeitou. Porque non é certo que a opresión sexista estea na sociedade e non nas linguas.

En principio, queer trátase dunha teoría e dun activismo político que racha co binarismo: a realidade é complexa de máis como para dármola reducido a ser-A ou ser-non-A, a ser home ou muller, de xeito que se converte nunha reivindicación dos múltiplos espazos intermedios entre dúas categorías estereotipadas. Se resulta difícil ou imposíbel definir que é unha muller, ese nós común partillado por todas as mulleres, segundo as teorías feministas clásicas, debilítase. Nese punto entra a análise de Queer-emos un mundo novo. Ao se aplicar á literatura galega, a teoría queer tamén permite interpretar unha tradición literaria contra-poder, feita nunha nación sen estado, rica e poliédrica, que introduce en cada período histórico innovacións sorprendentes e que só poden valorarse axeitadamente como sintomáticas deses espazos de disidencia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 132
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2012-05-10
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-435-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Queer-emos un mundo novo2012-08-07 12:42:49
Galaxia no Festigal2012-11-05 15:04:25


Actividades relacionadas

Teresa Moure no Festigal2012-07-25 17:40:00
CULTURGAL 20122012-12-02 10:00:00

Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Moure, Teresa
Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É presidenta do consello de administracion de 'Sermos Galiza'. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o terror ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación antiglobalización. É autora de libros como La alternativo no-discreta en lingüística (1996), Universales del lenguaje y linguo-diversidad (2001) ou La lingüística en el conjunto del conocimiento: una mirada crítica.

Obtivo o Premio Lueiro Rey de novela curta no ano 2004 con A xeira das árbores. Tamén no 2004 gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Outro idioma é posible; no 2005 foi Premio Xerais de novela con Herba Moura e publica con Galaxia outro ensaio: As palabras das fillas de Eva. En 2011 obtivo de novo o Premio Ramón Piñeiro co ensaio Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

En marzo de 2006 é premiada como Mellor Autora do ano nos premios da "Irmandade do Libro" que concede a Federación de Libreiros de Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR