A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973Eduardo Blanco AmorA OBRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR. Segundo deixou escrito o propio Blanco Amor, o seu arquivo fotográfico supera a cifra de 3.000 negativos. Galaxia recupera a obra fotográfica do autor da Esmorga coa publicación de A ollada do desexo, volume no que se inclúe unha selección de case 200 fotos, retratos, autorretratos, composicións paisaxísticas, vistas e fotos documentais. Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor e xornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas as viaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta a Galicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica como retratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti, persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en Buenos Aires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seu tempo. O obxectivo do libro é difundir unha obra fotográfica de indubidable calidade estética, creativa e variada, atenta á paisaxe, á xente, aos efectos da luz e á composición da imaxe. A mirada de Eduardo Blanco Amor é unha mirada que expresa o desexo de apreixar o mundo, de contemplalo dende a propia experiencia. As fotografías que se recollen neste libro son a mostra dunha actividade á que se dedicou non dun xeito circunstancial senón cunha intención claramente estética e documental e como a expresión da súa necesidade de apreixar o mundo no que viviu, de integralo na súa vida e de tentar explicalo desde a súa propia concepción da realidade. Unha obra eminentemente artística, resultado do interese do propio autor polas tendencias fotográficas da época e da historia da fotografía que nela se ven reflectidas: expresionismo, pictorialismo ou reportaxe. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasA exposición "A ollada do desexo. Obra fotográfica de Eduardo Blanco Amor, 1933-1973" percorre Ourense2007-05-23 10:33:50 MOSTRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR EN OURENSE2007-05-23 10:34:57 A exposición "A ollada do desexo" en Vigo2009-03-13 09:47:55 Blanco Amor: desexo e fotografía2009-03-13 09:47:03 A fotografía de Blanco Amor chega a Poio2010-05-20 09:40:29
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasA exposición "A ollada do desexo" en Brión2008-06-06 14:00:00 A exposición "A ollada do desexo" en Brión2008-06-07 21:00:00 A exposición "A ollada do desexo" na Casa das Palabras de Vigo2009-01-13 21:00:00 Inauguración en Poio da exposición A OLLADA DO DESEXO2010-02-09 20:30:00 A exposición A OLLADA DO DESEXO en Poio2010-02-10 21:00:00
Novidades
| |||||||||||||||||||||||||||
|