Chile a la vistaEduardo Blanco AmorCrónica viaxeira do paso de Blanco Amor polo país andino, coa que Galaxia inicia a recuperación para os lectores galegos de parte da súa obra escrita en castelán. Unha serie de notas xornalísticas, recollidas durante dúas viaxes realizadas nos anos 1949 e 1950 a través de Chile, son o xérmolo deste libro, escrito por Eduardo Blanco Amor como parte do importante traballo literario e xornalístico que desenvolveu en Sudamérica. Escrito cunha prosa tensa e penetrante que vai do ton poético máis fondo ao humor máis irresistible. Páxinas antolóxicas, coa requintada percepción da realidade dun pobo, unha xeografía e unha cultura. Segundo palabras do propio Blanco Amor, "algunhas veces enredei máis tempo en ver unha vila –Iquique, por exemplo– do que un redactor de Life para todo un continente". |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||||||
|