Introdución: Roberto Salgueiro
O humor obríganos e preguntarnos, o cómico non.
Só o humor ten a posibilidade de provocar a risa a través da dor, e, deste xeito, interróganos de maneira diferente a como o faría a traxedia sobre a morte, a calamidade e a inxustiza. Esta é a risa que atravesa a obra dramática de Blanco Amor, coa clara intención de interrogarnos, de nos esporear, en ocasións desde un punto de vista máis amable, noutras, desde a provocación máis absoluta.
Rir e provocar. Obra teatral, recolle as pezas de Farsas para títeres, Teatro pra a xente e o Proceso en Jacobusland, onde Blanco Amor apañou en gavelas a linguaxe popular e procurou nos arrabaldes da lingua o escintileo dunha verdade que sabe a medias.

(Ourense 1897-Vigo 1979). A produción literaria de Blanco Amor comezou coa publicación de Romances Galegos (1928). A principios dos anos trinta entra en contacto con Castelao e con outros membros do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Escribe Poema en catro tempos (1931) e desde Bos Aires colabora coa revista Nós.
Foi ademais o fundador e director do Teatro Popular Galego (1957). Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga (1959), libro que será nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega, e xa en Galicia leva ao prelo Os biosbardos (1962). Tras publicar unha nova edición de A Esmorga (1970) e a longa novela Xente ao lonxe (1972), centrou a súa produción no teatro (Farsas para títeres e Teatro pra a xente).