Do 3 ao 11 de maio, o Paseo Central da Alameda converterase, un ano máis, no corazón lector de Compostela. A Feira do Libro de Santiago é moito máis ca un encontro arredor dos libros: é un espazo onde medran as historias e florece a palabra.
Desde Editorial Galaxia queremos convidarvos a unha programación que percorre a narrativa, a poesía, a banda deseñada e a fantasía, sempre co compromiso de achegar voces propias, necesarias e vivas.
Programación Galaxia
Domingo 4 de maio, ás 12:30 h. Caseta da libraría Pedreira
Sinatura con Paula Mayor arredor de Rosalía oculta, Premio Castelao de Banda Deseñada. Unha obra que nos propón ler a Rosalía desde ángulos novos, valentes e reveladores.
Ás 19:30 h
Encontro arredor da literatura fantástica con Adrián Pérez Bote, autor de Baixo o ceo de xeo, VIII Premio Illa Nova de Narrativa, e David Cortizo, autor de Púrpura tero. Dous relatos que se moven entre mundos imaxinarios para reflexionar sobre o real.
Martes 6 de maio, ás 19:30 h
Encontro poético con Neves Rodríguez, autora de Cuspindo miserias, e Pilar García Rego, autora de Desaparecer, acompañadas por David Cortizo. Un diálogo arredor da palabra como ferramenta de denuncia, resistencia e beleza.
Venres 9 de maio, ás 19:30 h
Encontro de Banda Deseñada con Paula Mayor, Alexandre Senande, ilustrador de Sentinelas no limiar das tebras, e Sandra Lodi, Papóns, Premio Follas Novas ao Libro Ilustrado 2024. Coordina Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Tres maneiras de narrar en viñeta o que ás veces non se pode dicir con palabras.
Sábado 10 de maio, ás 19:00 h. Caseta da libraría Agrasar
Sinatura con Arantza Portabales arredor obras como a súa novidade Asasinato na casa rosa. Unha oportunidade para achegarse á autora e á súa última novela, onde o misterio e a tensión se mesturan cunha escrita precisa e envolvente.
Agardámosvos en Compostela. Alí onde florecen os libros.