VIII PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA
A aldea de Eled é unha faísca que, durante eóns, persiste rodeada de escuridade sen fin. Agora, un mal antigo e poderoso toma forma demasiado preto, e Minë, explorador, persegue o xeito de protexer o seu fogar. Para iso vai precisar astucia, valor e unha vontade irredutíbel.
Roi goza dunha existencia apracíbel en Nova Nara, un hábitat artificial que orbita unha estrela afastada do Sol. Obsesionado coa literatura fantástica do século XX, coñece unha muller que vai remexer os alicerces da súa vida.
Dúas historias entrelazadas que, ao despregárense, falan de conviccións, de coraxe e de sacrificio, ao tempo que nos propoñen algunhas preguntas atemporais: cal é a orixe das nosas crenzas? Como de firmes son? Por que paga a pena loitar, e a que prezo?
(Vigo, 1992) é matemático, especializado en estatística e intelixencia artificial. Desde rapaz é lector de ficción científica e fantasía, ao tempo que un apaixonado da ciencia e a tecnoloxía. Estes intereses influencian con forza a súa incipiente obra literaria.
En 2024 foi premiado no certame XVII Terras do Chamoso co relato “A defensa d’O Val” e, neste mesmo ano, gañou o Premio Literario Illa Nova de Narrativa con Baixo o ceo de xeo, a súa primeira novela.
Foto do autor © Sabela